Reserva "Ensaio sobre o silencio"

"Ensaio sobre o silencio" sairá, na súa edición física, nunha serie especial e limitada de 250 uds feita a man por nós mesmos, polo que se queredes mercar o disco que custará 12€ é imprescindible que fagades unha reserva dende hoxe mesmo a través de tenda@machinagz.com indicando o voso nome e xa nos poñemos en contacto con vós.

Non quededes sen ela!!!

Primeiro tema de adianto: "Apandar"

Hoxe (8 de Febreiro) poderedes desfrutar do tema "Apandar", primeiro adianto de "Ensaio sobre o Silencio" o novo disco de MACHINA, no Planeta Furancho de Radio Galega Música a partires das 23.00 !!!

Santiago de Compostela _ 104.2
Ferrol _ 106.3
A Coruña _ 92.1
A cova (centro prov. Lugo) _ 96.6
Ourense _ 95.6
Lugo (capital) _ 106.2
Pontevedra _ 101.4
Xiabre (Noia, Cambados, Vilagarcía, O Grove,...) _ 88.0
Vigo (domaio) _ 90.8
Xistral (viveiro, vilalba, Mondoñedo,...) _ 100.2
Paramo (Sarria, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei _ 100.6

Ou a través de internet na páxina da Radio Galega!

 

Diario de Gravación: DIA 8

Xa case vai facer dous meses dende que comezamos con este diario de gravación, dous meses dende aquel luns que saímos de Cerceda na furgoneta cargada de amplis, guitarras, cachibaques, unha ducia de cancións e un feixe de ilusión a plasmar nun disco e poder compartir convosco.
En que punto estamos agora? Pois xeográficamente as nosa ilusión agora viaxaron a Umea (Suecia) onde Pelle Henricson ou “Pelexo”, como lle chamamos cariñosamente en Cerceda, lle está a dar a última fornada, a masterización. A masterización é o último proceso antes de que o disco entra na fabrica para facer as copias. Aínda que é un pouco complexo,para que se entenda, na masterización téntase  darlle homoxeneidade ao son do disco, isto é, que aínda que as pezas sexan diferentes e variadas (no caso de Machina xa sabedes que o son) a masterización dalle un carácter unificador ao disco pero, claro está, non fai milagres.

BADULAKE ROCK 1999-2012

Badulake

Foi unha tarde de outono do 99 cando nos mandaron aviso ao local dos Sensacha para que recolleramos o equipo e sairamos pintando para Ordes a tocar no Badulake. Ao parecer a banda encargada de inaugurar o Badulake, The Virus, non aparecía. “Os da Coruña  atravesan Alfonso Molina e pérdense” pensabamos nós. E alá nos fomos, non lembro se foi un primo, unha tía ou incluso a avoa quen nos levou a Ordes. Para dotar todo aínda de máis dose de intriga, os  Sensacha daquela estabamos sen cantante, co cal decidimos arriscar e ir igual facendo eu de algo así como cantante.

Páxinas