discos

Durante Maio do 2007, Machina grava dous temas para comezar a promocionar a súa música máis aló dos concertos ó vivo, "Queimame" e "Virarei". Xa no mes de outubro do mesmo ano, entran de novo no estudio para gravar o resto de temas que conformarán este primeiro EP, "Apocalipse", "Aqui estou" e "Acouga" que dará nome a este CD que ademais inclúe o primeiro videoclip da banda ("Queimame") realizado por Óscar Ansótegui. Conta Ademais coa colaboración neste tema, de Bocixa ( Zënzar).
POST-BRAVÚ (2009)

Gravado de novo en Océano Estudio (Nigrán), baixo a batuta de Javier Abreu que volve a firmar a co-producion do traballo xunto a propia banda, masterizado por Saul Patinho no Metro Mastering da Corunha.. Coas colaboracions de Xabier Diaz, ós mandos da percusion tradicional e coa sua magnifica voz para falarnos da obrigacion da implicacion. Gendebeat co beatbox marcando o ritmo dunha crencia opresora. Mouron (Dios Ke Te Crew) rapeando para que continuemos loitando contra os que pretenden continuar cos seus mandatos do terror, e o propio Xabier Abreu con samplers e teclados.









