Diario de Gravación: DIA 6
Xa fai unha semana que rematamos todo o traballo do estudio, pero a pesar das datas de festa que corren... e do cambio de ano (por certo, feliz 2012 de parte de Machina), continuamos co traballo que vai parello ó disco. De momento, Machina sempre traballou baixo a autoedición, e a veces gústanos levala ata límites como foi o de construirnos a nosa propia Serigrafía para facer as Camisolas. Así que estos días andamos a voltas co Deseño do disco e da campaña que este suporá, do cal se encarga tamén un membro da banda que é Martín, o noso cantante.
Andamos tamén preparando todo o tema de promoción que nos mesmos teremos que facer, aínda que esperamos botar mans de amig@s e compañeir@s, programando xira... é decir que non só nos vimos para tomarlle unhas copiñas, senón para traballar no que será este novo disco. A parte desto, seguimos con Pablo Iglesias inmerso no estudio mesturando os temas do disco, o cal esperamos deixar listo esta semana para mandar a masterizar o cal vos contaremos na próxima entrega.
E ben, na última entrega convidabámosvos a escoitar o Planeta Furancho para coñecer o nome do disco, para aqueles que non o fixestedes aquí vos deixamos o título e a imaxe que dará lugar á portada deste. Un saudo!
"ENSAIO SOBRE O SILENCIO" _ MACHINA 2012











