Diario de Gravación: DIA 7

Machina

Aquí seguimos, con trámites e cousas, isto é un non parar... A semana pasada rematamos por fin as mesturas, dous días a tope con Pablo no estudio para pulir todo aquilo que non nos convencía, escoitando, rescoitando, escoitando no coche, escoitando no portatil... intentando buscar algunha referencia que parecera real, xa que normalmente no estudio sempre soa ben, moi ben. Pero finalmente chega un punto no que hai que parar de darlle voltas ó asunto e ser máis resolutivos, porque poderíamos tirarnos tempo e tempo ata que cada tema fose perfecto. Pero ben, finalmente, hoxe mesmo partiron os temas cara o estudio de Mastering para dar o acabado final... do cal vos falaremos na próxima entrega, cando volten os temas da longa viaxe que lles agarda.
Esta semana pasada, a maiores, tamén estivemos polos estudio Bonham de A Coruña, onde gravamos unha intro para o disco acompañados polo teclista Nacho Goris que podedes ver actualmente en Soultrack. Apetecíanos facer algo diferente, un prólogo para o noso particular "Ensaio sobre o silencio", e contar con Nacho no Piano creemos finalmente que foi unha decisión máis que acertada.
Ademáis xa case temos o deseño do disco rematado, que en breve descubriredes e que non vos vai a deixar indiferentes. E como non, tirando de colaboracións neste apartado, estivemos de sesión fotográfica co noso fotógrafo Particular Alberte SR (http://www.distritoxermar.com/).
Enfin, que xa está a punto este novo disco... xa queda menos para que chegue ós vosos oídos, esperamos que teñades tanta gana de escoitalo como nos de que o escoitedes.

Un saudo.